ARENAL algo máis que un volcán
Da revista S'homos; inverno 1997 núm. 13
CGC Colectivo Gai de Compostela
Apartado de correos 191
CP 15780 Santiago de Compostela
A Coruña
<a href="mailto:gaicompos@hotmail.com"> email</a>
para entrar na páxina web do CGC
<a href="http/www.geocities.com/westhollywood/9463" > páxina
web</a>
Arenal é o nome dun volcán de Costa Rica, pero tamén
é o dun foro informativo na Internet pensado para gais
e lésbicas iberoamerican@s. Para saber que é o que se
coce no cráter deste volcán de información e debate,
os
ciber-reporteiros do CGC conectaron-se con Daniel
Soto Mayorga, un dos responsábeis de Arenal.
CGC.- Que é "Arenal" e cando xurdiu?
D.S.- "Arenal" é unha lista electrónica na
que os seus
membros se comunican através de Internet. "Infogay",
a outra lista electrónica, é un meio de espallar e
receber notícias concernentes ao mundo lesbitgai
en vários idiomas.
CGC- Por que xurdiu "Arenal"? Cais foron as
motivacións para lle dar vida?
D.S.- Naceu da necesidade de ter un foro no que a xente
lesbitgai por intercambiar ideas. Os motivos foron
que en 1992 meu primo Anibal Mayorga e eu
decidimos sair do armário nunha lista electrónica de
costarricenses no exterior, e para iso decidin pór
unha notícia dun abuso policial a un travesti en Costa
Rica. Por suposto, a notícia causou toda clase de
comentários, na su maioria homofóbicos. Claro, nós
non ficamos calados, e outros membros da lista sairon
en defensa dos direitos lesbitgay. A dicusión durou
cerca de cinco meses. Moitos membros da lista
"Irazu" (a lista electrónica dos costarricenses)
escrebian-me privadamente e me dician que eles/as
eran lesbianas ou gais e que apreciaban o que
facia, mais que eles por mor do medo nunca poderian
sair do armário na lista. Ben, nun momento
determinado, o administrador da lista ameazou-me
con me expulsar dela e foi ai cando se me ocorreu
que deberíamos ter a nosa própria lista. O meu primo
tiña un compañeiro de universidade que manexaba
un 'servidor' en Finlándia. Falou con el desa
posibilidade e foi asi como o primeiro lar de "ARENAL"
estivo en Europa. Logo, ese amigo mudou-se para
Nova York e con el "ARENAL". "Infogay" foi unha idea
que xurdiu posteriormente, e eu inventei-lle o nome.
CGC- Por que se chama "ARENAL"?
D.S.- Bon, o do nome foi un pouco por levar a contra. A
lista costarricense da que falei antes chama-se "Irazu"
que é un volcán activo de Costa Rica e ese foi o
motivo de chamar á lista "Arenal". En primeiro lugar,
Arenal é o volcán máis activo e ten unha formación
cónica perfeita (posíbelmente o volcán coa forma
cónica máis perfeita do mundo). Pasara "dormido"
máis de cen anos e un dia fixo tal explosión que se
rexistou en Colorado (USA) e, desde entón, podes
ouvi-lo tronar e algunhas veces ver a sua lava correr.
Nas noites, o espectáculo é fenomenal. Ben, a nosa
lista pode-se descreber do mesmo xeito unha beleza
atemorizante para alguns/unhas. "Infogay" naceu da
necesidade de contar cunha lista na que se oferecera
sobre todo información, diferenciando-se asi as
notícias do que podia ser o cachondeo.
CGC- Que é o que oferece "Arenal"?
D.S.- Ben, "Arenal" oferece un fogar para os/as que se
senten na necesidade de conversar e manifestar
as suas ideas. Foi e é para muitos o único sítio no
que poden falar da sua sexualidade abertamente,
facer perguntas e educar aos outr@s.
CGC- Canta xente está subscrita a "ARENAL"? E de
Galiza en concreto?
D.S.- Bon, somos cerca de 275 persoas en "Arenal", dos
cais só uns poucos participan son asiduidade. De Galiza é
difícil dize-lo. Ainda que só un escrebe abertamente á
lista,
sei de vários galegos que estan subscritos e que están ubicados
noutras partes de España e do mundo.
CGC- Cal é o perfil dun/ha "arenalino"/a?
D.S.- Hum! Difícil pergunta. Coñezo a muitos/as arenalinos/as
e creo que somos como os dedos da man, todos
indispensábeis, mais mui diferentes entre si. En xeral,
somos xente que nos gosta a xente falamos,
brincamos e pelexamos e pouco a pouco nos imos
coñecendo mellor.
CGC- Cais son as procedéncias principais das persoas que
contactan con ARENAL?
D.S.- Ben, proceden de todas as partes. Maioria está en
Latinoamérica, mais España ten a sua boa
representación. Tamén estamos os que vivemos nos
EE.UU. ou os que viven en Austrália. Como sabedes,
ARENAL, a máis de ser unha lista de correo
electrónico, tamén ten unha páxina na Web. Ben,
esta páxina é visitada por xente de todo o mundo,
ainda de países nos que un nunca pensaria que houber
xente á que lle interesase visitá-la, como os países
árabes. Esta páxina é unha maneira de dar un servizo
á aquela xente que prefere por multiples razóns
manterse no anonimato. Se alguén ten interese, esta
é o enderezo na web
http//www.indiana.edu/~arenal/
http//ww.gw.com/lists/arenal/
Canto aos motivos polos que a xente ven a ARENAL,
hai que dicer que cada persoa é unha razón ou un
ácio delas. Uns veñen pensando en encontrar ligues
ou noivos/as, outros porque lles gosta relacionar-se
con xente, simplemente; por fin, temos tamén os
intelectuais que nos inspiran e deleitan coas suas
mensaxes estilo tese. Aos que non lles gostan as
relacións que se estabelecen en ARENAL van para
Infogay para únicamente receber noticias.
CGC- Que tipo de temas tratan en ARENAL os seus
subscriptores?
D.S.- A variedade encheria unha biblioteca. Fala-se de VIH
SIDA, parellas, sexo, grupos oprimidos, Amnistia
Internacional, os direitos humanos. Fala-se do café
ou das diferentes formas idiomáticas que hai nos
diferentes países como, por exemplo, que significa a
palabra "polla" en países como México ou Arxentina.
CGC-Cres que este tipo de contactos impersonais como
son os do correu electrónico contribuen a desumanizar
ainda máis as relacións entre as persoas?
D.S.- Os gais e lesbianas muitas veces viven ocultos nun
mundo nos que a sua forma de ser non pode ser
demostrada ou aceitada. Neste aspeito, ARENAL abre
a xanela a muitos a que se expresen e, en muitos
casos, sexan máis humanos que antes. Coñezo o caso
dunha rapaza en México á que os pais a meteron
nun coléxio de monxas para que non seguira a sair
coa sua moza. Ela estaba conectada a Internet. Asi
que polas noites nos escrebia contando-nos as suas
cousas, chorando algunhas veces e unha de nós
chamaba á sua amiga en México e a mantiña
informada sobre a sua moza. Para min, todo isto é
humanidade, e ARENAL contribui muito a vexamos a
nosa humanidade nunha forma diferente. A diferenza
estriba en que en vez de falar, escrebemos, ainda
que alguns de nós tamén utilicemos entre nós o
teléfono.
CGC-Fruito dos contactos naceron amizades ou relacións de
parella?
D.S.- jejejeje. Bon. Si, algunhas hai. Por exemplo, está a
história dunha rapaza galega que estudaba na
universidade que ten o Opus en Navarra. Entrou na
lista porque sabia que era diferente e ainda que non
estaba segura do que queria, sabia que desexaba
experimentar. Ali comezou falando conmigo e logo,
devagar, animou-se a escreber á lista. A primeira
vez que unha lesbiana contactou con ela, foi onda
min (electonicamente, claro) e me dixo "Papi (asi é
como me chaman muitos/as en ARENAL), escrebeu-me
esa rapaza". Eu respondin-lle animando-a a que
respostara. Ela dixo-me que non, que esa rapaza
era lesbiana. Eu dixen-lle "E que"? Tamén é unha
amiga". Bon, comezaron a escreber-se e, pasados
uns cantos meses, quedaron enganchadas. A rapaza
galega veu a Califórnia a coñecer á sua corresponsal,
que é cubana. En fin, que entre ires e vires, levan xa
uns cantos anos mantendo unha relación de parella
estábel. Hai o caso doutro galego, mais vou deixá-lo
asi ou se non me matará. Parece que os galegos
namoran-se muito en Internet.
CGC- Cres que o futuro das nosas relacións está
no ciberespazo?
D.S.- Espero que non. Mais acho que o ciberespazo é un
meio máis para a comunicación e para aprender a
coñecer a alguén, primeiro como escrebe, e logo o
seu aspeito. É algo diferente ao que até agora
estábamos afeitos.
CGC- Poderias sinalar cinco cousas positivas e
cinco negativas de ARENAL?
D.S.- PositivasAmizade/Apoio/Solidariedade/Sair do
silenzo/Namorar-se.
Negativas Algunhas veces somos mui vulnerábeis/
maus entendidos, que usualmente se producen
porque falamos diferente en cada país/Desamor/
Pasas máis tempo lendo o correo electrónico que coa
tua parella/Non se me ocorre.
CGC- Que planos futuros tedes para ARENAL?
D.S.- Que creza máis e máis e que un dia nos
comuniquemos todos desde o Vello Mundo ao Novo
Mundo, que a liberdade sexual sea máis aceitada e
unha realidade, e que ARENAL contribua ao cámbio
en cada recuncho do mundo hispano-falante.
_______________________________________
to return to arenal