OS NOMES DA HOMOSEXUALIDADE
por CARLOS VALCARCEL

Se desexa ler este artigo en castelán ou en inglés


To return to Arenal

de la revista S'HOMOS, Número 10
CGC, Colectivo Gai de Compostela
Apdo de correos 191
15780 Santiago de Compostela (CORUÑA)


Maricón, sarassa, bujarrón.. todos os gais coñecemos, pola nosa propia experiencia vital, as denominacións que adoita utilizar a maioría da sociedade para se referir a nós. O abano de posibilidades en galego e máis en castelán é, como sabemos, ben amplo. O que descoñecemos é a orixe de todas esas palabras e qué procedementos empregan outras linguas semellantes-é dicir, outras linguas románicas, que coma o galego proveñen do latín-. Como veremos, estes procedementos son moi similares, e é que, aínda que as falas varían, a fobia que determina as denominacións da homosexualidade masculinaé común a todas elas.

Para empezar, todas as linguas románicas, e europeas en xeral, recibiron unha serie de pre'stamos procedentes das linguas clásicas. Así, o latín, o grego e mesmo o hebreo ofertan unha serie de elementos le'xicos que son do máis socorrido en libros, tratados e diccionarios. Velaquí os cultismos máis empregados
-"PEDERASTA"é unha palabra heredada do grego. Está composta por noutras dúas, (rapaz) e (amante), que nos dan unha pista do significado inicial de 'pederastá home adulto que gusta dos rapaciños novos. Co tempo este significado inicial ampliouse e acabou por ser empregado para designar todo tipo de relación homosexual masculina. Tal foi a xeneralización deste uso que en Francia deixou de ser empregada como cultismo. O francés "PEDE". diminutivo de 'pédérasté,é utilizado comunmente de xeito pexorativo. A carón de 'pédé', tamén se utiliza como insulto "pédalé (literalmente, pedal), que nun principio constituiu un eufemismo.

-"Sodomita" de todosé sabido o carácter bíblico desta palabra. Provén de 'sodomíá, eufemismo utilizado para designar o sexo anal e, por extensión, a homosexualidade. Segundo os cronistas bíblicos, en Sodoma esta era unha práctica cotiá ata que Deus decidiu reducir a cidade a borralla.

-"Homosexual" estaé a palabra máis utilizada, á parte de 'gaí, para designar asepticamente as relacións sexuais entre persoas do mesmo sexo. Trátase dun neoloxismo introducido a finais do século XIX e creado a partir do elemento grego 'homos' (semellante, igual) e 'sexual".

Fóra destas e outras denominacións máis ou menos eufemísticas -coma "invertido" ou "efeminado", por exemplo-, as linguas desenvolveron por vía popular un variadísimo abano de insultos e caracterizacións pexorativas. Un caso claro de denominación directaé a catalana "culer" (literalmente, afeccionado ós cus). Pero case todas as denominacións populares son o resultado dunha comparación do feito homosexual con fenómenos que a 'sabedoría popular" considerou similares ó mesmo.

Unha das comparanzas máis comúnsé a que se fai entre os homosexuais masculinos e as mulleres. Hai que subliñar que moitas comparanzas pexorativas deste tipo se fan partindo de dúas caracterizacións concretas da muller a muller faladeira e a muller de "moral relaxada". As consideracións machistas da imaxe feminina son, xa que logo, aplicadas polas sociedades patriarcais á hora caracterizar o feito homosexual.

Da correspondencia caracterizadora "homosexual= muller vulgar" sae a coñecida denominación "marica" (noutrora nome vulgar que representaba para o machismo o prototipo da muller, función que hoxe ocupa outro nome no Estado Español "maruja"). De "marica", denominación que atopamos nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués. catalán e castelán) xurdiu toda toda unha familia léxica derivada

"maricón", "maricno", "amaricado", "maricall", "mariquita""mariquinhas", etc... Outra denominación que parte dun nome representativo de mulleré a de "marión", anterior á de "maricón" en toda a Península Ibérica, e hoxe moi restrinxida a algunhas falas dialectais (sobre todo do espacio linguistico catalán, occitano e franc'es). De "marión" tamén temos derivados" 'marioló, 'mariosó, 'marietá 'marietté... En italiano atopamos "checca", un diminutivo de "Francesca" (en galego 'Checcá sería, daquela, 'Pacá), utilizado tamén para denominar os homosexuais masculinos.

Da identificación patriarcal "homosexual = prea" xorde a denominación "puto", moi empregada na Idade Media en castelán (e seguramente, tamén en galego- portugúes), e que logo foi substituída no uso cotián por 'maricón" e todos os seus derivados. Así e todo, "puto"é unha denominación aínda moi empregada en Iberoamérica. Desta caracterización provén tamén a denominación "sarasa" (peste, muller de mala vida), típica do castelán de Andalucía e que logo se estendería por toda a Península Ibérica. Do vencello caracterizador do submundo homosexual co submundo da prostitución xurdiu tamén "chulo" no espacio iberorrománico. Dependendo das falas "chulo" pode designar o home que se prostitúe, un tipo de "homosexual- macho" ou, xa en xeral, calquera caracterización da homosexualidade (este últimoé o caso das falas brasileiras).

Outra caracterización habitualé a de "homosexual= lercha" que produce denominacións do tipo "damerino" (en falas italianas),"tapette" e "tante""tantouse "(estas tres no francés). En relación directa coas dúas caracterizacións anteriores, atopamos a de "homosexual = lacazán inútil" e da que sairía " frócio" (evolución dialectal de "floscio", frouxo, de pouco espírito) moi común en Italia.

A identificación popular dos homosexuais masculinos con animais simbólicos da feminidade é especialmente productiva. Con esta caracterización está relacionada, sen dúbida, a denominación portuguesa de "bicha", moi común, e dos seus derivados ("bichoca", "bicharoca", "bichona"...) Tradicionalmente "bicha" era empregada para designar a serpe, á parte doutras especies como a miñoca ou a samesuga. Outra denominación deste tipo é a de mariposa, moi común en castelán e de carácter máis eufemistico. Pero, se cadra, a denominación máis humillante baseada nunha identificación "homosexual = animal femia ou feminino" é a italiana "recchione" "ricchione", que provén de "recchia" (borrega ou ovella que se aparta para a reproducción). É moi posible que a denominación lusobrasileira de veado (e tamén a de "vinte-e-quatro" número que representa o veado na Lotaria do Bicho ) estea en relación con este tipo de identificacións cos animais.

Unha excepción a todos estes procesos constitúea a raíz "bujar-", que produce en castelán "bujarrón/a" "bujarra". Parece ser que procede p "búlgarum" (natural de Bulgaria, país de cristianización máis ben serodia), moi empregado no seu tempo como sinónimo de 'herexe'. A extensión do significado de herexe ó de 'pecador', e logo ó de 'sodomita' fixo da palabra un insulto homofóbico. Á parte da coñecida solución castelá (que se estendeu ás falas galegoportuguesas), tamén temos solucións do mesmo étimo e co mesmo significado en catalán ("bujarró"), en francés ("bougeron") e en falas italianas ("buggerone"), aínda que todas elas estean xa en desuso.

O actual "gai", non recollido aínda pola Real Academia da Lingua Galega no seu diccionario, tamén procedería do latín. O étimo parece ser 'gaudium' (alegre), adxectivo moi común no francés e no occitano -especialmente na época medieval. A solución "gai/e" da galorromania tamén pasou ó inglés conservando os seguintes significados iniciais persoa chea de alegría ou disposto a ela (en conexión con esta idea estarían tamén denominacións máis esaxeradas coma "folle", "louca", "loca"), persoa presumida.

Vistas as outras asociacións, noné de estrañar que o "gay" axiña se asociase en inglés ó homosexual. Esta denominación caería en desuso durante séculos ata que o movemento homosexual contemporáneo se apropiou dela para designar o homosexual concienciado e liberado.

Estas son, pois, algunhas das denominacións máis usuais en Europa. Podemos ver que as máis comúns e populares proceden dun tipo de asociacións xeradas polo sistema patriarcal para estigmatizar homosexualidade dun xeito máis ou menos indirecto.

Nota O autor do artigo quere expresar o seu agradecemento a Suso
Moinhos pola súa axuda e interese.